"Que calor, que día de calor vai, ¿non podería parar un momentiño a tomar algo? Sempre ás presas, calquera día dame un infarto ou algo deso… a ver… tódalas terrazas a lume de biqueira de xente, mira eses que mariscada estanse pegando, aii eu como que as vexo tódolos días así, que non se me note…quen fora rico…buff que calor, ¿non haberá un recuncho onde poida deixa-lo cú un intre e tomar algo fresquiño? Todo cheo de xente… xesús canto inglés… quen fora rico aii viaxar polo mundo e poder sentar en calquera bar sen mira-lo prezo, unha mariscadiña, unha cervexa, conversas tranquilas, sen presa, un paseiño, compras, ai… aínda que moitos están peor, mira ese negro cargado con cintos de brilantes e bolsos de imitación, que poderá estar pensando el…e os da mariscada nin se inmutan, se acaso logo teorizan sobre extranxeiría e inmigración…hehe estámosche ben.
Merda, unha
merda de can,
hostia que noxo lévoa no pé agora que fago…onde hai herba herba pa limparme… riiinggg riiingg hehe o que faltaba que agora escomezase a soa-lo móvil, teño a cabeza moi mal xa oio o móvil sen que soe,
merda de traballo e
merda de xefes,
merda de compañeiros e de salario igual salvo ó novo que entrou por subvención que parece boa persoa…os demáis moi listillos, uns tan bobos outros tan listos, eu quédome cos bobos serán máis da miña especie pero debería ser máis
cabrón se quero triunfar nesta
puta vida… que noxo a ver se dou limpado o pé no xardín este sen que se me vexa moito…arrea que canso estou (…)
Por fin. Sentadiño coma
deus manda amén. Moito me acordo das cousas de misa ultimamente, será polos desacatos cos que me está a vacilar esta enredadeira que chaman vida. Vai unha terrible calor, que a gusto se está sen facer nada, deixando que a brisiña che dea na cara e a cervexa baixe pola gorxa, sen preocupacións… o verán é o que ten, todos máis guapos e máis felices con Galicia en festas ¿sentiranse así os ricos? Que lles dean…mmm… ¡Rriiinnriiiiingg!
Merda…ahora sí que é o móbil de verdade, ¿quen será?… boh o pelma este que non me deixa respirar, que lles dean a todos. Que é verán, que
carallo…"
Este cuento fue elegido por un jurado de especialistas designado al efecto para ser publicado en la sección “Relatos de Verán” de La Voz de Galicia.
Sin embargo no pasó el filtro del supervisor jefe, quién decidió que contenía “demasiados tacos y palabras malsonantes, además de no ir en consonancia con la línea editorial del periódico”.
¡¡Córcholis, cáspita, pardiez!!
(Con
Franco esto ya pasaba)