Lunes, 18 de agosto de 2008
Publicado por EDUKADORA @ 20:20
Comentarios (5)  | Enviar


COMPOSTELA

 

“En Compostela estamos moitos xa para sempre derrotados”

 

X. L. Méndez Ferrín

 

Foi un túnel,

Unha caída inmensa, un tren

De volvoretas estalando

Nas brañas do arrabaldo; foi

Unha enorme nebulosa por un túnel

Poblada de alucinantes cicatrices.

 

Foi unha historia de amor

Unha noite

Na Colexiata do Sar. Compostela,

Unha viaxe fluorescente,

Un río, unha constelación

De tabernas luminosas.

Foi un túnel a toda velocidade,

Un vértigo redondo de figuras

Baténdose en cárcaras de néboa. Compostela,

Un botarse a chorar, un caerse pola vida

Batendo nas paredes

Un insomnio aberto

En invernos medulares.

Foi tamén a choiva. A choiva

Tamén foi en Compostela.

A choiva viña polas tardes, incendiaba

Os sobrados,

Traía o vougo

E apagaba o rebumbio de escuros automóviles.

A choiva demoraba no peitoril das fiestras,

Abría a porta das ausencias

E vacíanos buratos

Fondísimos na alma.

 

Eu recordareime triste en Compostela.

 

Foi unha enorme dispersión,

Un gran quebranto: aquel paseo

Sobretodo pola Algalia, victorioso de estrelas

E de música, convencido

Para sempre da noite e da tolura.

Foi unha traxedia por entregas, unha

Fraga ricaz de desconcertos;

Milleiros de mínimos desastres

Ardentes menceres na Zona Nova

Que nos facían chorar

Iluminados. Foron e seguirán vivos

Para sempre.

 

Eu recordareime triste en Compostela.

 

 

Xesús Manuel Valcárcel (de Tránsito, 1984)


Comentarios
Publicado por EDUKADORA
Lunes, 18 de agosto de 2008 | 20:30
Ou na Coru?a, que para el caso es lo mismo.
Publicado por Sinfi
Mi?rcoles, 20 de agosto de 2008 | 10:45
Se me pas? el Sal?n del C?mic. En ocasiones me sorprendo de mi propia astucia...Avergonzado
Publicado por EDUKADORA
Mi?rcoles, 20 de agosto de 2008 | 19:38
jajaj qu? berza, pero a?n hay alguna expo...
Publicado por Sinfi
Jueves, 21 de agosto de 2008 | 17:56
S?, la de Zaragoza.
Publicado por EDUKADORA
Jueves, 21 de agosto de 2008 | 19:00
JAJAJAJA

Y goza zara, goza??

Rebotado